Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste,aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidironinstalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coacociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máispara acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira.Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cadanoite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosaacrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora depezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondenteración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosaengaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda aolongo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandesescritoras contemporáneas.