XOHAN CABANA, DARIO / CABANA YANES, DARIO XOHAN
Este libro é un retrato global de Xosé María Alvarez Blázquez, un dosmembros máis destacados da dinastía dos Alvarez, e da súa inmensa obra cultural. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, filólogo,folclorista, bibliófilo, filatélico, conferenciante, historiador,arqueólogo, creador dun museo, xornalista radiofónico, profesor,cronista oficial da cidade de Vigo e editor xenial, Xosé María Alvarez Blázquez foi talvez o intelectual galego máis completo e poliédricodo seu tempo.Dende o coñecemento erudito e a profunda admiración e o amor á figurado polígrafo humanista, de quen foi colaborador durante catro anos enedicións Castrelos, Darío Xohán Cabana realiza un completísimopecorrido biográfico, ao tempo que un estudo profundo da súa obraliteraria galega, das súas grandes escolmas e estudos literarios e doseu labor como editor e primeiro responsable de Edicións Monterrey eEdicións Castrelos. Este é un volume imprescindible para o coñecemento da figura total e do traballo hercúleo de quen a sociedade galegahomenaxea no Día das Letras Galegas 2008.