AA.VV
No primeiro volume de Xornalistas con opinión recollíanse autores dosséculos XIX e XX. Nesta nova xeira (outras vinte biografías) amplíasea mostra utilizando os mesmos criterios da anterior: autores e autoras que, a través das páxinas dos xornais, entraron no debate do seutempo, uns máis próximos á creación literaria, outros máis orientadosao discurso xornalístico propiamente dito, mais todos elescomprometidos dun xeito ou doutro coa construción da modernidade. Unequipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación doConsello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidadesdo xornalismo galego, dende Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruíme,ata contemporáneos como Domingo Quiroga. Vinte autores, entre os cales se encontran Castelao, Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Dieste e Blanco Amor, incluíndo os textos especialmente reveladores de Rosalía deCastro.Vinte biografías de escritores e escritoras que chegaron ao xornalismo a través da creación literaria e configuran a crónica apaixonada elúcida do que arestora somos.