Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opiniónpropiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estraños, de cambioe turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismoxa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundoactual, a reflexión amósase como virtude indispensábel, que nospermite facérmonos preguntas e intentar comprender a clave do arcanosen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces decores do politicamente correcto. «Xeopolítica, pandemia eposcapitalismo» é unha invitación a fuxir da trivialidade paracentrármonos no esencial: investigar e analizar o alcance do Poder, asúa dimensión real dentro da complexidade do mundo actual, profundando na xénese do sistema capitalista neoliberal e no papel das forzasalternativas nesta encrucillada histórica.