Xelmírez, xenio do románico, é un apaixonante estudo biográfico sobreunha das máis grandes figuras da Idade Media en Galicia. Nestaspáxinas, recentemente descubertas, dá Otero Pedrayo unha excelentemedida das súas recoñecidas capacidades para a evocación histórica e a reconstrución de tempos, espazos e humanidades. Apoiado nunhaimportante documentación que non chega nunca a coutar o seu poderíoliterario, Otero traza neste libro un perfil totalizador de Xelmírez,un retrato no que o bispo que engrandeceu a Compostela medievalamósasenos nas súas múltiples caras: político, príncipe da Igrexa,construtor de cidades e home. Pero a biografía xelmiriana é para Otero inseparable do marco onde se produce e, deste modo, Santiago deCompostela, Galicia e a Europa que renace no Románico, acadan taménpapel protagonista neste suxerinte e vigoroso ensaio.