BARCIELA GARRIDO, PILAR / REY SEAR, EUSEBI
Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica paravisitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable porcalquera persoa que sinta interese ou curiosidade.O viaxeiro ou oestudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementosque se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ataos últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos óscampamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidospor unha breve explicación xeral que realizaron os autores, osarqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey.O enfoque e a presentación de Xacementos arqueolóxicos de Galicia achegan os restos históricos ácuriosidade do visitante, xa que os contidos están expostos de xeitodivulgativo, sempre a partir dos traballos científicos e das memoriasdas escavacións.O carácter práctico da guía facilita a localizacióndos xacementos, ofrecéndolle ó visitante un plano cunha proposta depercorrido, información sobre os traballos realizados e un temarelacionado co xacemento.