Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992,cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súacondición de "emigrante retornado" con billete de ida e volta, oescritor de Gres reconstrúe con prosa brillante e minuciosa tanto aperipecia vital daqueles días, os emocionantes reencontros confamiliares amigos, así como a súa documentada interpretación dosacontecementos políticos e culturais dun período coincidente coachamada Transición. Unha crónica apaixonante dun amor compartido ecompatible entre Cuba e Galicia, as súas dúas patrias. A primeiraentrega memorialística dunha das grandes figuras da cultura galegacontemporánea.