VIGO POR MAGAR III

VIGO POR MAGAR III

NOVAS INSTANTÁNEAS E RETRATOS DA VIDA VIGUESA (1960-2007)

$79.166
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Artes
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páginas:
288
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
279x246
$79.166
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas,panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución dahistoria viguesa das últimas catro décadas. Empregando as melloresposibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar»ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polosavatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón daGalicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negroque densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses eviguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», ados obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nina presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros,empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos,empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros,policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes demáis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, osregatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, osfutbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra.Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores, un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo paranostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activara memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de serhomenaxeada pola cámara de Magar.