Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdadeé que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda notranscurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen orománico, como tampouco sen o mundo celta. Parece imposible que dousmil anos despois sigamos falando dunha sociedade celta que aínda conta con facetas escuras e relativamente descoñecidas, se ben os avancesnos descubrimentos arqueolóxicos e as investigacións etnográficas xapermitiron identificar mellor estas agrupacións étnicas e comprenderdevagariño a súa natureza e realidade.
Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre acultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia queiso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudessimilares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculoenriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.