VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑÓN

VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑÓN

$26.419
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Biografias e historias reales
ISBN:
978-84-9865-455-4
Páginas:
156
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
190x135
$26.419
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Para conmemorar o segundo centenario do nacemento do poeta FranciscoAñón, Editorial Galaxia publica, en colaboración coa Consellería deCultura e Educación, unha antoloxía da súa obra poética acompañada por unha introdución biográfica. Ramón Blanco é o autor do relatobiográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dosautores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. Aobra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ourexistros líricos do poeta, que non publicou libro ningún en vida,polo que agrupar a súa obra ten unha grande importancia de cara ao seu maior coñecemento e difusión. Francisco Añón (Outes, 1812 - Madrid,1878) foi revestido dunha sona de poeta romántico, aventureiro ebohemio que contribuíu a ocultar un gran talento para a versificación, un amplo dominio lingüístico e unha fonda cultura. O paso poloseminario e pola universidade torceron o camiño de quen nacera labrego para convertelo, entre o popular e o libresco, nun dos primeiros esenlleiros escritores galegos no século XIX. Para gañar a vida foiprofesor, libreiro, tradutor, arquiveiro e mesmo secretario. Deideoloxía progresista, uniuse ao movemento provincialista e chegou amilitar no federalismo republicano. Cando morreu, a maior parte da súa obra estaba dispersa en xornais ou inédita, poucos intuían que o seuhimno "A Galicia" fora o facho que en 1861 prendera a mecha doRexurdimento.Antoloxía poética