Un diario escrito con fina ironía mais sentindo de cerca a respiración da xente, dos que nos consolan de vivir. O autor percorre o ano 2007nun xogo de espellos no que o presente abeira e garda o pasado e opasado dá sentido ao presente. Aprender o oficio de vivir é aprender a contar a propia historia, e facelo botando man da levidade,insinuándose, axudándose da complicidade do lector para escanciar aesencia da vida. Pois estas Viaxes do corazón son as voltas do tempo,as reviravoltas da experiencia, un diálogo entre o que o escritor é eo que foi, entre o autor e a terra, unha conversa coas árbores, coaxente, co mundo. Quen escribe, fala, e a través da súa escriturachegan as voces dos que a el lle falaron.Vida e literatura xuntas nun libro que convoca momentos ínfimos dopasado para celebrar o presente.