Viaxe ao País dos Ananos de Celso Emilio Ferreiro foi recibido noseu día con polémica polo duro ataque que representaba para certosector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentespola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento doracismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipoexistencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presenteedición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero,incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplasachegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela unclásico moderno.