Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos.Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extingue, transfórmase.Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos,relatar as zonas escuras no mapa do presunto alustre das democraciasoccidentais. Unha puta percorre Europa asexa nese extenso territorio,entre o ilegal e o obsceno, que é a nosa casa. Quere facer, por fin,visible o visible.De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas.