Regresa ao catálogo de Kalandraka a obra máis emblemática de EricCarle, un clásico internacional imprescindible traducido a máis desesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns decopias.Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste librodevorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunhaque outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.O día e a noite, o grande e o pequeno, os días da semana, os números,os nomes dos alimentos ou proceso natural da metamorfose son elementos presentes neste álbum maxistralmente construído e ilustrado coatécnica da colaxe que ten acompañado os lectores e lectoras máispequenos arredor de todo o mundo.