UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Año de edición:
ISBN:
978-84-16954-92-6
Páginas:
296
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Os clásicos -da literatura e a ciencia, da pintura, da música...-provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de quetarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre existisen. Maliarecoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xaestaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na historia da cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d'Unha brevehistoria do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber defonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textosanteriores, unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do quehabería de ser a divulgación científica para centos de librosposteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxeaccesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira comopolo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais.Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maiore máis enigmática das biografías: a do Universo observable, donacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como unhistoriador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudición, Hawking detense fronte ás preguntas máisperentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia exuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo tenestrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do falecemento de Hawking, a colección Clásicos do Pensamento Universalenriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebresbest-sellers do século XX.

Otros libros del autor