Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica,dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana daflota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, aodeixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narradaempregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha dasmoedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día noque cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou abordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despoisde tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous mesespercorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaioTrinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novelaclásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamentedocumentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlíncomo "redonda" e de "lectura fascinante".
Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica,dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana daflota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, aodeixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narradaempregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha dasmoedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día noque cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou abordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despoisde tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous mesespercorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaioTrinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novelaclásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamentedocumentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlíncomo ´redonda´ e de ´lectura fascinante´.