Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada está aser unha das novidades máis lidas en francés nestes últimos meses.Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tresirmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmenteanoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que éguía turístico nun recuncho perdido da campiña francesa. Esquecendopor unhas horas fillos, parellas, divorcios, preocupacións e obrigassociais, deciden agasallarse por unha vez cunha auténtica e bonitaxeira de liberdade. Anna Gavalda é a autora de Xuntos e máis nada, undos títulos de maior éxito da Biblioteca Compostela, con 3 edicións, e foi Premio Novela Europea do Casino de Santiago no 2005.A nova novela da autora de Xuntos e máis nada. Unha historia áxil,tenra e divertida, na que tamén caben o humor e a crítica dosconvencionalismos.