Durante os anos 1966 e 1967, Ramón Otero Pedrayo escribiu, encastelán, esta obra extensa ata agora nunca publicada. Escrita cuninconfundible estilo literario e baseada nunha cultura enciclopédica,abrangue a historia da arte desde a prehistoria ata o século XX, esalienta pola especial atención que o autor lle dedica á música,singularmente a Bach e a Mozart, cun capítulo sobre a música noRomanticismo no que se detén en Beethoven. Tamén cómpre destacar ointerese que Otero Pedrayo amosa polo cinema, ao que considera a arteque caracteriza o século XX. Todo isto fai deste libro unha lectura de gran importancia para coñecermos mellor o pensamento do autorourensán, o seu xeito de analizar a arte tendo en conta factoresrelacionados coa xeografía, coa identidade e co territorio, senesquecer o papel da literatura como complemento e inspiración daexpresión plástica.