Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscasacesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón VilarLandeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, quetrata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión, das pintadas máis insidiosas no váter da facultade, da xente que guindapreservativos dende os seus autos, do olor a naftalina na entreperna,dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal, dafuncionalidade das casas prefabricadas, das clases medias e de LeMonde diplomatique, e, sobre todo, dos flashes dos teléfonosmóbiles.Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana, ficciónna que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro eno corazón ao decatarnos de que todo cambia.