UN MUNDO DE PALABRAS

UN MUNDO DE PALABRAS

$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Prosa
ISBN:
978-84-9121-234-8
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
252
Dimensiones:
220x145
$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

", Un mundo de palabras ", reúne máis rastros de AgustínFernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido poloautor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Osdiferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectivaarredor do acto de ler e do amor pola literatura.
Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seupai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundoque decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións designo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor doexperimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, noconcepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súaimportancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para atransmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide nodecisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animación, achegando as súas propias propostas.
Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de AgustínFernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia quedemostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxescargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respectoe a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.

Otros libros del autor