UN MANIFESTO REBELDE

UN MANIFESTO REBELDE

$35.523
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-396-3
Páginas:
264
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$35.523
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, desubtracción das liberdades, un réxime mundial de pensamento groseiro,de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado deVergoña.
Este libro está escrito contra Todo Isto.
Todo Isto é descivilización.
Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produciónde odio contra o diferente.
Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos.
Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades.
Todo Isto é o machismo como sistema.
Todo Isto é a guerra contra a natureza.
Todo Isto é domesticación intelectual.
Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura deeconomía gris e criminal.
Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria.
Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazosabertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unhasaudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos doconformismo.
Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, quequere pór a liberdade no corpo da linguaxe.

Otros libros del autor