Este libro conta a historia de Guille,un neno riseiro, introvertido, imaxinativo e aparentemente feliz.Pero iso é só en aparencia porque, por debaixo de tanta felicidade,atópanse cousas algo escuras.Guille só ten unha amiga. Semella feliz e forte, mais é fraxil,e cun misterio sen resolver. Temos que coñecer o seu pai en crise, a súa nai atarefada, a unha mestra curiosa e incluso a súa psicóloga, para que o labirinto teña unha saída.Alejandro Palomas ofrécenos unha novela chea de tenrura, verdades amedia voz e, sobre todo, misterio...