UN BICO DE AMOR E VIDA

UN BICO DE AMOR E VIDA

$51.409
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-142-3
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
220x295
$51.409
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Comaunha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relatoactualizado do conto d’A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certoque a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás desteproxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o homehumano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin detransformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unharelación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosahistoria inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizadapara este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do marestán a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. Abotella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétasecoa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda amaxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura,Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente emodernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegouarestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto decada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor evida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coasilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretadapola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de MaximinoZumalave. Este álbum forma parte da colección "Arbore Musicontos", naque tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, deXosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música deGioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut deMartino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de FedericoFernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich,interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección deMaximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para aBienal de Ilustración de Bratislava 2009Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. NeiraCruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo omarco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado.

Otros libros del autor

  • Titulo del libro
    O SONO DAS SEREAS
    NEIRA CRUZ, XOSE ANTONIO
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $23.200