TSC. Diario da noite de Alfonso Armada é un experimento, o intentodestemido dun poeta de 24 anos que, seguindo o alento de escritorescomo Gide ou Joyce, desexaba a literatura como unha sorte de vida edevecía por rexistrar o paso do tempo e todos os seus estragosescribindo un poema cada día do ano de 1982. As obsesións íntimas, osmedos, os anhelos e as mitoloxías da época están case todas nestediario poético que é tamén un canto de amor e desapego á cidade deVigo, onde o poeta naceu, e ás que comezaban a facer parte da súaexistencia: Compostela, Madrid, Sevilla ou Tánxer. Estes TrescentosSesenta e Cinco días son, para o poeta, un intento de dar conta desi.