DOMINGUEZ TOURIÑO, G. / ESTEVEZ SALAZAR, F / DOMÍNGUEZ TOURIÑO, GUILLERMINA / ESTÉVEZ SALAZAR, FELICIA
'Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castañae María Soliña Este libro é unha escolma das tres marías, máisantigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: MaríaCastaña, María Soliña e María Balteira.
Esta é unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delashai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas defacer algo que chegue ás rúas, ás escolas, ás novas xeracións derapazas e rapaces que teñen que seguir a construír un mundo en quemulleres e homes sigan facendo del un lugar máis habitable no sentidomáis humano e xusto da expresión.
Ben é verdade que sen ‘'mulleres de armas tomar'', moitas de nós nonteriamos chegado a medrar nas condicións en que o fixemos e o nosovagar tería sido moito máis penoso. En aras de poder facer unhapequena homenaxe ás mulleres en xeral e a estas en particular polassúas circunstancias máis coñecidas popularmente, foi polo que nosdecidimos a emprender tamaña empresa, nada doada, por certo.
Nada doada, porque as eruditas e os eruditos practicamente o dixerontodo destas tres mulleres e tampouco se pretendía nin pretende atoparincunábeis que se refiran a elas, nin facer unha profundainvestigación, só transmitir o pulo que mulleres como elas lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron e só polo simple feito de pertencer a un xénero que non era o protagonista da historia nosmomentos que lles tocou vivir.
Así a nosa pretensión sinxela é contar parte do seu devagar pola vida, cos atrancos que supuxo vivir no Betanzos do século XIII, no Lugo doséculo XIV e na Cangas do Morrazo do XVII, engadíndolle o feito deseren mulleres nun mundo de homes.
Non se pretende facer historia "compensatoria" falando destas tresmulleres concretas, senón de reivindicar a visibilidade das mulleresno devir histórico ao igual que aquilo de que "o pobo que non coñece a súa historia está condenada a repetilo". E isto poderiamos estendeloá historia social, á historia das mulleres como parte integrante dunha sociedade que, por diversos motivos, as silenciou. Reivindicar assúas vidas, fazañas e movementos nas diferentes etapas da Historia,fará que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis quesuficientes para seguir cara ao camiño da igualdade como cidadás depleno dereito. (Introdución do libro).