TRANSGRESIÓN E FRAXILIDADE

TRANSGRESIÓN E FRAXILIDADE

$35.360
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(369).LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
Temática
Estudios literarios
ISBN:
978-84-8487-207-8
Páginas:
591
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
Castellano
Dimensiones:
210x140
$35.360
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A obra dramática de Roberto Vidal Bolañoé o relato da carismáticaprocura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termosdivulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro duncreador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais dosegundo milenio. Neste alambique destílase un insólito fenómenocultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social benpróximo aínda que xa admite unha visión histórica. O volume iníciasereivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreirapara logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A propostaremata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superproduciónplenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase operfil externo e penétrase no obradoiro creativo do autor mediante areconstrución virtual dos procesos de creación e explotaciónescénica e a análise dos textos desde dous focos complementarios, odramatolóxico e o teórico-crítico.

Otros libros del autor