FERNAN VELLO,MIGUEL ANXO / FERNAN VELLO, MIGUEL ANXO
Premio da Crítica Española, 2004. Territorio da desaparición reúne otraballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través dapalabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero taménda loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado porMiguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezasdo clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unhachamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lentadescomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debepermanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriadosconstitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e aameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobrevivenna voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico eliterario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténticaesperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dunterritorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unhadas máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesíacomo palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme enecesaria