TERRA E NOSTALXIA

TERRA E NOSTALXIA

GALICIA RURAL

$21.064
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
Temática
Sociologia y antropologia
ISBN:
978-84-96526-51-8
Páginas:
128
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$21.064
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser unreceitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario.Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantouCabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesaresdos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e coesforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles.Fito e referente de futuro.



Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como seabriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestáticoe intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo,para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista.Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala.Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses eás deusas.



Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren aoescenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan caraao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha evida. (...)



Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós,cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polomundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia,nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espiraispasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio,tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxeiniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, paraesvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpeapolos ermos, entre as espesas fragas, atravesando por pontes antigosríos que sempre van ao océano da Atlántida... vellos camiños, feitospolos pés dos camiñantes, vixiados por mosteiros, ermidas ou castelos. (...)



Nese andar pola vida temos comprobado, como é xente de fóra a quemellor recoñece e nos fai ver, enxergar, partes do Nós. Eles, como sede magos se tratara, introdúcennos naquilo que non nos prestamos aentender, a pesares de ser parte nosa. Namentres nos perdemos noutrasalleantes e alineantes mimeses. Este é o caso de Gwendolyn Luo, elaque vén das casas do sol nacente, acende aquí, nos pétreos altares dosolpor, en nós, conciencias alampeantes. (...)



(...)



Nós somos e seremos parte diso, e aquí, neste principio e fin, antes,agora e futuro, atopámonos. Un xeito de sacerdotisa do extremooriente, coa súa cámara, fíxonos entender mellor o noso extremooccidente.



(extraído do Prólogo realizado por Felipe-Senén López Gómez)

Otros libros del autor