TEORÍA DO CAOS

TEORÍA DO CAOS

$35.523
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-8302-694-6
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
358
Dimensiones:
220x145
$35.523
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre unpesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira domonte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Pacorecordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dunpartido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios:"deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda". Poderíaser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, avida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partidoconservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dousconcellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo,tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para otratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propiofillo, Antonio " O Roxo", o inquedo estudiante de Físicas, oecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidasparalelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como ade Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco,sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura doparaíso.Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre,unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construídaen forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que sevan intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectoresmúltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e aconfrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso,de recuperar a levidade, de vivir a vida.

Otros libros del autor