Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trintarelatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular,outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo dasociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeirapersoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato aorexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cadaunha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmenteretranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnadocos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das RíasBaixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertidapara configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dendeo memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro agargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou poloemotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e daprecariedade da Galicia actual.
Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.