Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de MaríaReimóndez é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxavontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maioresescritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, denomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo queachegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegosque queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas dassúas obras, como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Destexeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entreliteratura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porquequeriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nosagasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.
Autoras dos artigos: Alba Cid, Antía Marante Arias, Charo Lopez Sanches, Eli Ríos, Fernanda González Briones, Lara Dopazo Ruibal, María Boguszewicz, MaríaRosendo, María Vilariño Suárez, Mariña Fernández Reino, MercedesQueixas Zas, Natàlia Oriol Fuguet, Neil Anderson, Patricia Mateo,Rosalía Fernández Rial, Sabela Pena García, Xoán López Viñas.