Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ouestado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do controlcibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen tenos datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiardeste necesario libro de Henrique del Bosque.Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactospara configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?"vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou emilitou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que noslevaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xavarias décadas, levan á súa demolición.A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditosou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica,proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar eelaborar alternativas.O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. Adecisión é nosa. Elixan vostedes.