A Ética de Spinoza ocupa un lugar senlleiro na historia do pensamentofilosófico, semellante ao que ocupan De Revolutionibus de Copérnico ou A orixe das especies de Darwin (publicado nesta mesma colección), nodesenvolvemento da comprensión natural do pensamento científico.NaÉtica verifícase unha naturalización da teoloxía ao identificarse aDeus coa Natureza, concibida de xeito coherente coas ideas eformulacións da nova ciencia, é dicir, sen finalidade algunha.Spinozadesenvolve tamén unha concepción natural do ser humano, que xa non écontemplado dende a razón, senón naturalmente, dende o desexo e apaixón. Nun senso amplo, e en canto á súa proxección no pensamentomoderno, o contido fundamental da Ética corresponde á enunciacióndunha nova filosofía moral e natural, na que a virtude, entendida coma verdadeira realización dos desexos naturais do home modulados polalente da razón, coincide coa liberdade e a felicidade.