", Soños. Arquivos. Cartas ", é unha obra experimental eaberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar,explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades deescrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresiónsubxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado deapertura aos outros. ", Soños. Arquivos. Cartas ", componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco,que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizodunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que semprearde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ásávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación dodelgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta quepasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é unlibro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os daautora. Mais, a diferenza doutros, ", Soños. Arquivos. Cartas", non rende tributo aos amores persoais senón á forza queprecisamos para que as cousas que acontecen no día a día (asconversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, asnoites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.