Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasadopolo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitannese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son osnenos e quen os monstros Unha historia divertida e profunda sobre omedo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que aautora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de LiteraturaDramática Infantil 2018.