Solimán relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapacesque medraron a cabalo dos setenta e dos oitenta, adictos á súa memoria nun presente mellor pero menos emocionante. Nesta novela de XesúsFraga, gañadora do Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003,rememóranse as vidas de dous mozos de trinta anos, Alvaro e Román, que eran nenos cando aconteceu o 23-F. A infancia de ambos os dous estáligada á de Lucía, unha nena coa que tanto compartiron arredor dunciprés, no patio das casas baratas na vila de Untia, espazo literarioque lle é propio ao autor. Flaubert dixo que chega un momentos nasrelacións amorosas en que a persoa amada xa non está connosco. Taménchega un momento na amizade en que as persoas se preguntan por que oamigo continúa a ser amigo. Solimán enfróntase á actitude dunha persoa que se decata de que o único que mantén viva unha amizade son aslembranzas. Unha emotiva novela sobre a memoria da infancia próximaescrita con grande elegancia e paixón.