Manuel María
Despois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máispatriarcal da
intelectualidade galega é, sen dúbida ningunha,Manuel María. Este
prolífico escritor e altísimo poeta ocupa unlugar excepcional dentro
das letras galegas, por razóns literariase extra-literarias. Manuel María
é o primeiro poeta mozo que serevela na posguerra, o autor máis
fecundo da literatura galega dasúltimas décadas, unha das personalidades
máis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máis
se afirmou no compromisopolítico co país e que mellor entronca o
nacionalismo galego dehoxe co galeguismo histórico.
Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu e
nas tertulias dos cafés onde poñían cátedrade amor a Galiza os vellos
galeguistas, este autor iniciou a súaobra literaria aos dezanove
anos, cando o idioma galego estabaproscrito, nunha época en que
só o feito de escribir en linguagalega era xa un acto subversivo.
Así, baixo o enorme lousón daditadura franquista, foron nacendo
os seus libros de poesía,narración e teatro, os recitais poéticos por
todo o país e fóra deGaliza, os seus ensaios e as súas múltiples
conferencias ecolaboracións xornalísticas, converténdose moi axiña
na voz máisrepresentativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegos
máisimportantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritor
vaiasumindo un maior compromiso político coa súa nación,
sendo un dosmozos que rompe co piñeirismo e que participa activamente
desde osanos sesenta na reorganización do nacionalismo,
chegando incluso aser concelleiro e candidato ao Senado.