Siddhartha, fillo dunha familia nobre da casta dos brahmáns,distínguese dos mozos da súa idade pola súa intelixencia esensibilidade. Pero os consellos dos maiores e as receitas datradición do seu pobo non o satisfán. Incapaz de atopar acougo para asúa alma na sociedade convencional, únese, xunto co seu amigo Govinda, a un grupo de ascetas que viven no bosque. Esta decisión cambiaradicalmente a súa vida e inicia un longo e aventurado proceso deaprendizaxe. Siddhartha é un intenso canto ó camiño individual cara áfelicidade. Escrito cunha linguaxe poética e expresiva, preséntasenosunha novela que fala da busca, do amor, da morte, da redención.Velaquí temos un gran clásico da literatura universal por primeira vez en lingua galega.