Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente,non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que seconsolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosaliteratura, senón que constitúe a primeira achega substancial edecidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado nodominio da estética socialrealista máis estereotipada.A través dunrealismo visionario, a súa lírica imaxinativa e transformadoradesenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela aintrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes.