PEROZO, XOSE ANTONIO / PEROZO RUÍZ, XOSÉ ANTONIO
Alberte, tras a morte do pai, pretende construír o argumento dun conto escrito sen zetas onde se falase do zetaà Xenaro, tras moitos anos de matrimonio, acaba de separarse e mastiga a súa soidade no café barAzul observando pola ventá o mundo que se desborda. A aparición naPorta Faxeira de Salomé, un amor de mocidade que visita Compostelapara participar nun congreso, lévaos a desennobelar o seu pasado evivir intensamente esa noite de amor que deixaron pendente hai vinte e cinco anosà O amante de Irene sempre desexou ter unha aventuraerótica cunha contorsionista chinesa, unha recreación onírica que opersegue dende a súa infanciaàA silueta de Lidia impregnaba ainmensidade da tea coa que Damián pretendía inmortalizar o seu xogodiabólico de dominación sobre a súa amante e modelo.Argumentos que conforman o nov libro de relatos de Xosé AntonioPerozo, catorce historias de novas oportunidades e erros reversible,onde se mestura a maxia con acontecementos imprevistos. Un librosensual, que avala entre o erotismo e a melancolía da perda, naprocura da sorpresa e a reflexión sobre a trascendencia de cadalector.