VARELA, MANUEL DANIEL / VARELA BUXÁN, MANUEL
A figura de Manuel Daniel Varela Buxán (1909-1986) é a dun dramaturgogalego de obra prolífica que cumpría revisitar a través dunha edicióncoma a presente. Ofrécense así senllas pezas clave na súabibliografía: Se o sei... non volvo á casa e mais Taberna sin dono,acompañadas dun estudo crítico e contextualizador, preparado por XoséLuna Sanmartín, e enriquecidas coa inclusión de abondoso materialfotográfico e documental. Co presente traballo preténdese facilitar aaccesibilidade aos traballos teatrais de Varela Buxán ao tempo que selle quere tributar un necesario recoñecemento a ese labor calado,intenso e fundamental que realizou polo noso teatro, tanto naemigración arxentina coma en Galicia.