Na illa de Sardeña, ano 2007. Tres amigos: Licheri, un ex-heroinómano, Pani, que acaba de voltar de Londres, onde viviu unha historia deamor cunha bailarina, e Corda, escritor frustrado con experiencia deperruqueiro en Chelsea. Son ladróns de circunstancias, amantes dorock, das noites en branco, das discotecas e dos amores fugaces. Levan tatuado na pel un destino incerto.Cunha feliz conxunción da lingua cotiá co ritmo hipnótico do blueseléctrico, o escritor sardo Flavio Soriga traza o retrato da mocidadedun país que se busca a si mesmo.