Galardoado na última edición do asentado Premio Nacional de PoesíaXosemaría Pérez Parallé, Ruído de trens presenta unha voz poéticadepurada e suxestiva. Eduard Velasco ofrece nesta opera prima unpercorrido que apela, desde a memoria, ao tránsito, ás paisaxeshabitadas, por veces tanxibles e en ocasións deseñadas coa ferramentada imaxinación. Aí agroman, aquí e acolá, os ecos da carnalidade e ocoidadísimo son das palabras, se se quere da propia linguaxe, mesmocando se redimensiona o que alguén xa se escribiu para gozarmos asídoutros sentidos. Palabras, como non, para abrazar e abrazarse.