AA.VV
A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de RosendoSalvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasiónpara profundar nun aspecto clave da súa vida e obra, de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e prácticaindixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotabaradicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual naépoca do Imperio británico, a saber: aquela que consideraba osindíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «razadestinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». Ofincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou adesnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galiciaagacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobosesforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixesaustralianos como seres humanos dotados de dereitos individuais ecolectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu entodo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticasestablecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo daépoca, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.