Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu ereflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución,entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre asmulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no séculoXIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten comoleitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foipioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente naactualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas eensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso dopatriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, comosinala Kathleen March, ´a opresión da muller o seu tema único´.
María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana,dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácterfeminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración através da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizánhomenaxea a nosa primeira escritora.