O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes deRiofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimentoao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse ensombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosatropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, osecreto talismán, en palabras do autor "eu apuntar apuntei ao corazónda literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntarapuntei e disparar disparei, iso é o único que importa".