Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora porprimeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita porIlse Losa, en 1952.A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxesalemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálasecos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, BernhardSchuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johannmorrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun homeque loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que,desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai,Eva Berner, ten dous traballospara afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johanncoñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopaunha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento.Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstanciaspolíticas e económicas que os rodean.Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamoscunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, ondese dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nunescenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que noncompartían a ideoloxía do III Reich.