A Chiño non lle gusta moito o colexio. Prefire pelexar cos seuscompañeiros ou estar co seu tío-avó, un vello cura que loita contra avenda dun monte comunal. Un día, un amigo do cura preséntalle a Chiñoun home misterioso que di que vén doutra época e empeza a contar a súa vida. Chámase Adoa e foi adaíl dun pobo que xa non existe. Nestanovela os tempos antigos cobran vida no cativador relato da loita dosprimitivos habitantes de Galicia, refuxiados nun castro, contra unpobo invasor. Moitos anos máis tarde, no mesmo sitio á beira do ríoMiño, os perigos son diferentes, pero non menos ameazadores.