Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia nahistoria do idioma galego: como investigador, como autor literario ecomo docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galegoelaborada cunha base científica sólida e da primeira historia daliteratura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas.Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país. A RicardoCarvalho Calero dedícaselle o Día das Letras Galegas 2020.