Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase,que recollemos da que el utiliza para definir o seu admiradoe querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxepóstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómosllanós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamospara dar conta -ben que mínima, significativa doinmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nasletras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica:comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudoslingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensaperiódica,discursos...: seis décadas de dedicación continuadaá investigación, análise, interpretación, crítica e divulgaciónda nosa lingua e literatura, nun labor incesante que nonten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade eversatilidade da súa obra de creación en todos os xénerosliterarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volumerecolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental dasúa produción, de interese para profesores, estudantes e público
en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento,erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan delesleitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamentocientífico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega
en xeral.Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbelde instrución e de sabedoría para as galegas e galegosde hoxe.